Begoña Riobó: violín; Marcos Campos: gaita, acordeón e frautas; Fernando Pérez: frauta e requinta; Xosé Liz:bouzouki; Fernando Barroso: guitarra.
Riobó
Begoña Riobó é, actualmente, a violinista con maior proxección no panorama musical galego cunha destacada traxectoria artística na que formou parte das bandas de Carlos Núñez, Susana Seivane, Anxo Lorenzo ou Sondeseu. Presenta o seu propio grupo de nome “Riobó” ao igual que o seu primeiro traballo discográfico, traballo que se caracteriza polo virtuosismo dos músicos á hora de arranxar e interpretar melodías da tradición galega sendo fieis ás súas formas e orixe.