nota:
O “CantaHumor” Riki López regresa a Galicia, tras varios anos de ausencia, para presentarnos o seu novo disco ‘Qué harto estoy de ser tan cool’. E faino como mellor sabe facelo: facéndonos rir co seu particular estriptis mental trufado de desternillantes cotidianidades, onde a súa autenticidade e espontánea torería verbal fan de cada actuación unha experiencia única.
Un escaralle de risa colectivo do que sairedes mellor que dun spa!
Entradas anticipadas dispoñibles no local e mais en ataquilla.com