Rick Treffers (Mist)

Marzo 11, 2016

nota.

O holandés Rick Treffers presenta s o seu último disco, ‘The loop of love’ co seu proxecto MIST

Rick Treffers (MIST) (pop) –
venres 11 MIST (o proxecto de temas en inglés de Rick Treffers) presenta na Casa das Crechas o seu cuarto disco, ‘The Loop of Love’.

MIST é o proxecto de cancións en inglés de Rick Treffers, compositor, cantante, músico e produtor holandés que vive en España. AsS súas cancións caracterízanse pola súa calidez, as súas harmonías envolventes, as súas letras intelixentes e os seus arranxos tan fermosos como sutís.

MIST está de xira de presentación do traballo por España, Alemaña, Estados Unidos e Holanda. En Galicia virá en solitario en formato acústico.

En España ‘The Loop of Love’ soan con frecuencia en RAdio 3. É un canto ao amor, á esperanza, aos soños e á nostalxia, ese perenne optimismo romántico, ao desexo e á melancolía. Enfiado dun xeito delicado e sinxelo, é a obra cumio dunha discografía que se ben estivera trufada de momentos brillantes nunca acadara no seu conxunto unha beleza tan íntima e rotunda como a destes 14 temas de pop clásico.

MIST estará o xoves 10 no Pequeño Karma (POntevedra), o venres nas Crechas, o sábado na Casa de Arriba (Vigo) e o domingo n’O Almacén do Avó (O Grove).

Facebook

19 hours ago

Ábrete de orellas
Un dos temas favoritos do último álbum de Ataque Escampe.Tremendo Audiovisual ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €