Rick Treffers (Mist)

Marzo 12, 2016

nota.

O holandés Rick Treffers presenta o seu último disco, ‘The loop of love’ co seu proxecto MIST

MIST é o proxecto de cancións en inglés de Rick Treffers, compositor, cantante, músico e produtor holandés que vive en España. As súas cancións caracterízanse pola súa calidez, as súas harmonías envolventes, as súas letras intelixentes e os seus arranxos tan fermosos como sutís.

MIST está de xira de presentación do traballo por España, Alemaña, Estados Unidos e Holanda. En Galicia virá en solitario en formato acústico.

En España ‘The Loop of Love’ soan con frecuencia en RAdio 3. É un canto ao amor, á esperanza, aos soños e á nostalxia, ese perenne optimismo romántico, ao desexo e á melancolía. Enfiado dun xeito delicado e sinxelo, é a obra cumio dunha discografía que se ben estivera trufada de momentos brillantes nunca acadara no seu conxunto unha beleza tan íntima e rotunda como a destes 14 temas de pop clásico.

MIST estará o xoves 10 no Pequeño Karma (POntevedra), o venres nas Crechas, o sábado na Casa de Arriba (Vigo) e o domingo n’O Almacén do Avó (O Grove).

AXENDA

Facebook

7 hours ago

Ábrete de orellas
TANXUGUEIRAS e Fillas De Cassandra unidas en "Quen é a que canta?" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook