nota:
Richard “White Boy” | Blues
Músico de blues americano que naceu en Fildelfia -EEUU- e vive en Tarragona. Aínda que toca e canta varios subxéneros de blues e baralla influencias numerosas, sempre se identificou máis co Piedmont. Compartiu o escenario con músicos de alto nivel nos Estados Unidos e en Europa. Viviu unha boa tempada en Nova Orleáns onde tivo o pracer de coñecer a grandes lendas que exerceron grande influencia sobre el. Actualmente, White Boy está acabando o primeiro disco do seu conxunto Pig Fat, co guitarrista Carles Verges e o músico e produtor Estadounidense Little Victor, quen gañou varios premios Grammy na categoría de blues. White Boy séntese igualmente cómodo tocando en salas pequenas só e con banda en grandes escenarios.