Ricachá (Música Popular Cubana, Cuba)
En xaneiro de 1994, unhas rapazas únense para integrar unha nova agrupación: RICACHA. Dende o seu debut ata a data distintivo no seu traballo foi o feito de facerse avalar pola proxección escénica, a comunicación, o cambio de instrumentos e unha forza sonora que en nada atente contra o encanto e a frescura das féminas.
Títulos creados por e para a agrupación conforman un repertorio propio, acompañado por arranxos de obras ben coñecidas nacional e internacionalmente. Nel encontramos diversos xéneros da música popular cubana unidos a outros da área do Caribe como o Son, a Rumba, o Cha-cha-chá, a Balada-Salsa, a Plena, o Merengue e outros. A forma de facer resulta interesante e peculiar en relación coa linguaxe e formato que dispoñen.
O nome devén en simboloxía musical por responder a unha obra de afamado recoñecemento que á súa vez representa a un dos xéneros máis identificatorios de Cuba no mundo: o cha-cha-chá. Tendo en conta que no seu formato a agrupación desprega algunhas orquestracións de trasfondo charanguero, é sen dúbidas un nome homenaxe “ao tipo de orquestra que deu vida a significativos xéneros nacionais e que sepresenta como un centro moi distinguible do típico musical cubano: a charanga.”
Compoñentes:
Nancy Virginia, solista
Yanet, saxofonista
Ailen, cantante
Africa, tumbadoras
Ingrid, Pianista
Belkis, directora
Elaine, Timbal
Rebeca, Baixo
Regla, pianista
Osanay, cantante