Ricachá

Outubro 11, 2012

10 € / 5 € (soci@s)
En xaneiro de 1994, dez mozas con formación profesional únense para integrar unha nova agrupación: Ricachá. Dende o seu debut ata hoxe, téñense feito acompañar pola proxección escénica, a comunicación, o cambio de instrumentos e unha forza sonora que en nada atente contra o encanto e a frescura destas mulleres. Temas creados por e para a agrupación conforman o seu repertorio, acompañados por arranxos de obras ben coñecidas nacional e internacionalmente. Diversos xéneros da música popular cubana unidos a outros da área do Caribe como o son, a rumba, o cha-cha-chá, a balada-salsa, a plena, o merengue e outros. O xeito de facer resulta interesante e peculiar en relación coa linguaxe e formato que dispoñen. O nome do grupo devén en simboloxía musical por resposta a unha obra de afamado recoñecemento que, á súa vez, representa a un dos xéneros máis identificatorios de Cuba no mundo: o cha-cha-chá. Tendo en conta que no seu formato a agrupación desprega algunhas orquestracións de trasfondo charangueiro, é sen dúbida, un nome “homenaxe” ao tipo de orquestra que deu vida a significativos xéneros nacionais e que se presenta como un centro moi distinguible do tipo musical cubano: a charanga. Levan actuado en diferentes escenarios e en festas populares, acompañando a importantes agrupacións cubanas, e tamén teñen actuado en Guatemala, México, Italia… Con máis dunha década de historia, Ricachá é un grupo xove e prometedor. Ten o sabor e a cor da música cubana e a forza das súas raíces. As súas integrantes son: Belkis B. Izquierdo (dirección, voz e baixo), Ileana Pérez (teclado, piano e coros), Naylan Pérez Álvarez (frauta, guiro e coros), Yaquelin Sagarra (timbal e congas), Yaquelyn Yaque (congas, teclado e coros), Judit Cordovés (vocalista), Joaquín Izquierdo (director musical, piano, percusión e baixo) e Joel Castillo (especialista en son e produción xeral).
http://www.youtube.com/watch?v=0EzJo2jwPr0

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
23:30 h.
Bar Liceum, O Porriño.
5 / 10 €