reserva unha camisola orelluda do XX aniversario

Febreiro 13, 2017

En 1997 naceu un programa de radio bautizado como “Ábrete de orellas”. Non había maiores intencións que ofrecer unha hora musical na emisora universitaria ferrolá Radio Kaos para escoitar músicas sen cinguirse a un estilo concreto.

Quen ía pensar daquela que chegaría a se converter no proxecto que agora coñeces?! Nestes anos, Ábrete de orellas foi coñecendo máis e máis propostas ao tempo que compartía esa aprendizaxe e ía colaborando en xornais, televisión, noutras radios e consolidándose coma un proxecto de seu na Internet e, a través de Rádio FilispiM, na Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias.

Polo seu labor de divulgación de concertos no país e, en especial, das músicas feitas aquí, Ábrete de orellas obtivo en 2016 o Premio Martín Códax ao mellor espazo de comunicación musical.

Agora queremos celebrar todo isto cunhas camisolas nas que lucir esa recomendación a gozarmos da variedade e rachar cos prexuízos limitadores. Xa sabes, “Ábrete de orellas” e fachendea.

Se queres encargar unha camisola, escrebe a abretedeorellas@gmail.com co asunto “camisola orelluda” indicando modelo e talla.
Os prezos son de 10 euros polas de manga curta e 12 polas de manga longa. Nunhas semanas estarán na nosa redacción.

Aquí tes as medidas do fabricante para afinares na talla

MOZO manga curta, dispoñible en gris e celeste:
Tallas – Ancho x longo (cm)
S 48×62
M 52×66
L 56×70
XL 60×74
XXL 64×78

MOZO manga longa, dispoñible en celeste
Tallas – Ancho x longo (cm)
S 48×60
L 55×68
XL 59×72
XXL 62×76

MOZA manga longa, celeste:
Tallas – Ancho x longo (cm)
XS 36×57
S 39×59
M 43×61
L 46×63

MOZA manga curta, celeste:
Tallas – Ancho x longo (cm)
XS 34×50
S 37×53
M 40×56
L 43×59

AXENDA