Coa música de raíz irlandesa como protagonista principal nesta edición de 2014, o recoñecido encontro intercéltico de Bretaña (1 a 10 de agosto) conta cunha delegación galega integrada polas seguintes formacións:
Óscar Ibáñez
Cuarteto Caramuxo
Bellón&Maceiras
Donaire (Grupo de baile)
Banda de Gaitas Terra de Melide
Banda de Gaitas Foula
Óscar Ibáñez
Oscar Ibáñez presenta o seu novo espectáculo “Alén do Mar”, unha viaxe sonora chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade froito da gravación do seu novo CD, que sairá ao mercado proximamente, no que, ademais da participación dos músicos da súa banda “Oscar Ibáñez & Tribo”, contou coa
colaboración de músicos galegos, navarros, vascos, andaluces, irlandeses, cubanos, arxentinos, venezolanos e brasileiros.
Con esta nova proposta Oscar Ibáñez pretende irmandar musicalmente as culturas atlánticas usando a música galega como fío condutor nunha mestizaxe musical fresca, moderna e innovadora na que predomina a sonoridade celta.
As diversas viaxes que Oscar Ibáñez realizou nos últimos quince anos por máis de trinta países de Europa, América latina e EEUU influíron decisivamente na maneira de definir unha proposta musical cada vez máis aberta na que amosa as afinidades musicais dos dous continentes.
www.oscaribanez.com
Cuarteto Caramuxo
O Cuarteto Caramuxo e un sexteto formado por catro clarinetistas, un acordeonista e unha percusionista que interpretan música popular galega.
Comezando dende o máis clásico ata chegar ao repertorio actual —de carácter popular— co que gozan plenamente, dándolle ós seus concertos un aire festivo que contaxia ó público e que intensifica o seu valor. A súa coidada posta en escena tende máis cara a un espectáculo teatral cá un concerto ó xeito tradicional.
O repertorio do Cuarteto Caramuxo vira cara á reinterpretación da música tradicional galega, tomando como base as melodías recollidas nos cancioneiros populares galegos e algunhas composicións de autores contemporáneos de Galicia (Nacho Muñoz, Antón L. Pulido, Jesús González ou Ernesto Campos), feitas expresamente para o grupo. Así e todo, Caramuxo non renuncia ás interpretacións doutras melodías, ben sexan doutras culturas, do jazz ou da música pop, sempre adaptadas ó seu discurso musical e as claves da singularidade do Cuarteto Caramuxo residen en dous feitos fundamentais: por unha banda, a instrumentación e, pola outra, os arranxos. Catro intérpretes de clarinete —que abranguen toda a familia do instrumento—, unha percusionista tradicional e un acordeonista, todos eles cunha variada formación académica que vai dende a música antiga ata a contemporánea, pasando pola música tradicional, a pedagoxía ou a musicoterapia. A mestura de todos estes elementos nuns arranxos colectivos onde cada un achega a súa propia personalidade e bagaxe musical, dan como resultado unha música fresca e orixinal que non persigue estilos nin referentes musicais alleos. A filosofía dos Caramuxos resúmese na interpretación da música sen présa e sen maior pretensión cá de gozar coa música.
www.facebook.com/CuartetoCaramuxo
Bellón&Maceiras
BellónMaceiras nace na primavera de 2005 coa finalidade de profundizar nunha formación pouco desenrolada no eido musical, con instrumentos
tan representativos na nosa cultura como son a gaita e o acordeón. A consolidación dun repertorio adecuado e variado que defina as múltiples posibilidades do dúo, é unha prioridade que está na mente destes músicos.
Os dous integrantes son músicos de recoñecido prestixio no panorama musical galego cunha larga experiencia como integrantes de grupos de renome ademáis dunha traxectoria consolidada como concertistas en solitario.
Gañan a participación no escenario principal do Festival de Ortigueira 2007 e logo van ó Festival Intercéltico dos Xogos Náuticos de Falmouth (Cornualles, Reino Unido), despois sendo un dos grupos de delegación galega que participan na 36 edición do Festival Intercéltico de Lorient (Bretaña, Francia) e pechan as súas viaxes en Xenebra (Suíza). Como colofón a este gran ano, presentan o seu primeiro disco “Unión das Terras”. Xira 2007 en torno ás presentacións do seu traballo “Unión das Terras” por diversos puntos da xeografía europea, Madrid, Barcelona, Málaga, Francia, Andorra, Suíza e por suposto en Galicia.
En 2008 viaxan a EEUU para presentar “Unión das Terras” en New York logo de concertos como o que ofreceron no “Klub 55” de Varsovia (Polonia), en
Hannover e Cuxhaven (Alemaña), chegan ó 2009 ó festival de Cornouaille de Quimper (Bretaña, Francia) onde entre outros concertos, ofrecen un moi
especial colaborando coma convidados no 60 aniversario da Bagad Kemper, editándose un cd deste concerto en directo. No 2010 presentan disco BellónMaceiras Quinteto ( Folkfusión ) e fundan a ”Escola de Música BellónMaceiras” chegando xa no terceiro mes de existencia ós 100 alumnos. Comezan 2011 cun concerto na catedral católica de Moscú (Rusia) e na sala Pokrovka da mesma cidade. Poucas semanas máis tarde tocan no Festival de Cosquín (Córdoba, Arxentina) colaborando co dúo artistas da talla de Dulce Pontes. Participan no concerto benéfico “Voces para la Paz” no auditorio nacional de Madrid, formando parte dos máis de 300 músicos de orquestras sinfónicas de España. Despois do éxito obtido nos numerosos concertos que ofrecen ó longo do mundo, o programa Alalá da TVG adícalles un programa no que relatan a súa densa traxectoria.
www.bellonmaceiras.com
Donaire (Grupo de baile)
DONAIRE créase na cidade de A Coruña coincidindo coa entrada do século XXI, co obxectivo de recuperar, promover e difundir unha importante parcela da nosa cultura tradicional como é o folclore galego. Conta cunha escola na que se imparten clases de canto e baile así como de instrumentos que tradicionalmente foron utilizados no seu acompañamento como son a gaita, pandeireta ou tamboril. Tamén conta cun grupo composto por mozos e mozas que tras moitos anos na escola mostran nas actuacións o donaire, riqueza e variedade da nosa música e o noso baile popular, conservando e difundindo o legado cultural que lles foi transmitido polos seus maiores e seleccionado previamente tras unha intensa labor de recolleita pola xeografía galega, mantendo fielmente as características coma era interpretado.
A ilusión e adicación que aportan os seus membros conseguiu acadar o obxectivo de promover e difundir o noso folclore en multitude de sitios, non só da xeografía galega, se non tamén noutras comunidades ou países, con actuacións en Valencia, Madrid, Asturias, Castela-León, Cataluña, Francia ou
Portugal. No ano 2007 foi seleccionada para representar a Galicia no Festival Intercéltico de Lorient (Francia), e nos anos 2008 e 2011 participou no Festival Nacional de Folclore de Jumilla (Murcia).
No ano 2002 gravouse o disco “Cantos Vellos pra rapaces Novos” en colaboración coa Asociación Cultural Santa María de Torás, acadando así unha
maior difusión das pezas seleccionadas. No 2007 presentou unha segunda gravación, esta vez en solitario: “Dálle Donaire ao corpo” elaborado nos
Estudios Mans, e coa a colaboración da Deputación Provincial e a Fundación Paideia.
No ano 2011 presentouse o DVD “Dez anos con Donaire”, que recolle a gala de aniversario da asociación no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
A labor dos integrantes tanto da escola como do grupo DONAIRE, foi recoñecida con múltiples premios nos concursos ós que se presentou. Destacan
os primeiros premios de baile nos concursos Azaloira (Bandeira) e Malveiras (Vilagarcía) no ano 2008, así como os primeiros premios nas categorías de
pandereteiras nos últimos anos en diversos concursos.
www.acdonaire.com
Banda de Gaitas Terra de Melide
A rexión de Terra de Melide está marcada por unha gran tradición musical e cultural, situada no centro xeográfico do país, no corazón de Galicia e a banda de gaitas nace co obxectivo de impulsar a música tradicional e facer un fiador da súa cultura.
Foi oficialmente inaugurada en 2011 e consolidouse ao longo dos anos como o grupo máis representativo de tradición e sentimento musical na rexión de Tierra Melide.
A banda está formada por corenta músicos de diferentes grupos de territorio tradicional.
Banda de Gaitas Foula
Unha viaxe que a terras francesas por primeira vez, foi o xérmolo do que hoxe se chama “Foula de Tenorio”, foi no ano 2001 e co gallo da actuación no Festival de Guimgamp, inicialmente coa formación de Charanga tradicional, tempo despois escomeza a agromar nas cabezas “foulas” a idea de formar unha Banda de gaitas, incialmente de toque pechado en homenaxe a o grande gaiteiro, veciño e Mestre Don Ricardo Portela.
Dirixida polo Mestre Miguel Fraguas e Lola Fernandez, e unha formación cunha ampla experiencia en participación en todo tipo de eventos e festivais, en Galiza e no país veciño Portugal. Un proxecto en contínua formación e renovación, “música do país feita para o mundo”.
Na páxina de facebook da delegación galega tedes máis información: