Reperkusión pecha o cartel deste ano coa inclusión de El Canijo de Jerez, ex de Los Delinqüentes

Abril 16, 2012

O Reperkusión acaba de pechar o cartel para este ano. Ademais de Manu Chao, que ofrecerá no festival os seus dous únicos concertos previstos na Península, presentamos novidades, como a incorporación dos húngaros Bohemian Betyars e do ex de Los Delinqüentes El Canijo de Jerez.

O Reperkusión pecha o cartel deste ano con El Canijo de Jerez, ex de Los Delinqüentes, que inicia en Allariz a súa carreira en solitario
O festival, que se celebra en Allariz do 17 ao 19 de maio con Manu Chao La Ventura como cabeza de cartel, anuncia as últimas incorporacións: El Canijo de Jerez + Tomasito, Bohemian Betyars, Gambeat Experience e os djs Funkombo, Hadri Hache e Dj Karim
O Reperkusión anuncia tamén os máis de 20 artistas de diversos estilos musicais, artes escénicas e malabares que participarán na programacións diurna do festival
Os bonos de tres días por 45 € e a entrada de un día por 20 € están á venda en www.reperkusion.com e nos puntos de venda físicos en localidades de toda Galicia

AXENDA