regreso esperado de Los Reyes del KO, Auditorio de Ferrol, 9-febreiro-2018

Febreiro 10, 2018

Anos despois, Los Reyes del KO volveron a Ferrol, desta vez no Auditorio. O regreso do proxecto conxunto dos tremendos guitarrista e vocalista Adrián Costa e o harmonicista Marcos Coll non defraudou; iso si, tras unhas dúbidas iniciais talvez debidas a algún problema de son e a “formalidade” do recinto. Estes composteláns son máis das distancias curtas, da proximidade cun público en pé ao que ofrecer o seu blues en sentido amplo e cunha dose notábel de espectácul.. E iso é o que recibimos nunha actuación de 2 horas.

Nesta xira de regreso contan cunha formación de moitos quilates: o pianista alemán Chris Rannemberg (produtor do seu estupendo disco “Hot Tin Roof”), o baterista de Missouri Julian Vaugh e desde Barcelona o baixista David Salvador. Repasan ese repertorio seu dalgúns temas propios e moitas versións convincentes: “Born in Santiago”, “The Way You Make Me Feel”, “Cool Cool Mama”, “Young Boy Blues” (que ben cantado por Costa!) , “Si me quieres”, “Divin” Duck”… e o auditorio acabou bailando reggae e ska coas lecturas de “La paloma”.

Si, seguen en forma coma dúo tras uns anos con cadanseus proxectos e colaboracións. Moitas táboas e bo facer para que a recomendación siga a ter vixencia.

Pepe Cunha, 10-febreiro-2018

AXENDA