Hoxe 26 de outubro ten lugar o lanzamento en múltiples formatos ( Super Deluxe Box Set # 1CD # 2CD Deluxe # LP # MFIT & HD ) do álbum de The Kinks “Are the Village Green Preservation Society”, un dos mellores álbums británicos de Rock de todos os tempos.
A pasada semana The Kinks recolleron o premio ao “Mellor Álbum Clásico” por un disco que mudou o rumbo do Rock e o Pop Británico, concedido pola prestixiosa revista Británica QMagazine. Despois de 22 años volveuse ver xuntos os tres compoñentes vivos de The Kinks: Ray Davies, Dave Davies e Mick Avory.
Este álbum é salientábel polo extraordinario catálogo de cancións do seu vocalista Ray Davies, impulsado pola guitarra power pop/rock do seu irmán Dave Davies, que chegou a se converter na base de guitarra do pop británico durante varias xeracións. “The Kinks Are The Village Green Preservation Society” consolidou a reputación de Ray Davies coma un dos mellores compositores británicos da súa xeración e de todos os tempos.
“Coido que The Village Green Preservation Society é o final dunha etapa na miña vida”, di Ray. “No meu mundo imaxinario é a fin da inocencia, da xuventude. Algúns personaxes que aparecen son bastante vellos, pero no Village Green non está permitido crecer. Sinto que o proxecto en si mesmo forma parte dun ciclo na vida”.
Creado en circunstancias difíciles, pois The Kinks chegaron estar ao borde da separación. O grupo negábase a seguir as modas musicais do momento e entregou un disco atemporal, de cancións perfectas que falan de como crecer e envellecer envellecer, ou o declive da cultura tradicional británica. Moit@s cualifican este álbum coma “duradeiro e insuperable”, pola súa orixinalidade, enxeño, delicados tempos, ira silenciosa, encanto, arrepentimento …
Este foi o contido do LP orixinal en 1968:
Cara A
1. The Village Green Preservation Society
2. Do You Remember Walter?
3. Picture Book
4. Johnny Thunder
5. Last Of The Steam-Powered Trains
6. Big Sky
7. Sitting By The Riverside
Cara B
1. Animal Farm
2. Village Green
3. Starstruck
4. Phenomenal Cat
5. All Of My Friends Were There
6. Wicked Annabella
7. Monica
8. People Take Pictures Of Each Other
A edición Deluxe inclúe extensas entrevistas, fotografías e contidos especialmente creados para distribución online e para prensa co fin de “contar a historia” da produción, o lanzamento e o impacto cultural do álbum.
Na seguinte ligazón podes escoitar o tema inédito “Time Song”, outra desas alfaias que foron quedando en caixóns ou caras B de singles ao longo da traxectoria de The Kinks, unha das bandas imprescindíbeis do pop-rock británico.