nota:
Rebeca Lane, nada en Guatemala, é unha sociológa, poeta e cantante de rap, feminista e anarquista. Pertence ao colectivo “Ultima Dosis” e é fundadora de Somos Guerreras, unha proposta para visibilizar o traballo das mulleres de Centroamérica no Hip Hop.
Na súa traxectoria conta cun longo historial de colaboracións e publicacións. A súa é unha voz que fala de dereitos humanos, que rescata a memoria das persoas represaliadas políticas na dictadura militar guatemalteca, que fala das ancestras e de mulleres bravas e empoderadas, que nos transmite a forza dunha muller libre.