nota:
Ray Gelato é un músico cunha gran reputación en Gran Bretaña. El é o rapaz que escolleron Paul McCartney, para tocar na súa voda, e Bryan Adams, para unha festa propia. Ray é un mestre do swing e do jazz. As súas primeiras influencias musicais recibiunas do seu pai, tocando a Sinatra e a Sammy Davis Jr., e dos grandes éxitos dos anos 50 do rock and roll que escoitou mentres medraba. The Dynamite Band supuxo a súa estrea profesional no 80. Con The Chevalier Brothers, no 82, resucitou o interese pola música swing dos anos 40 e 50. Ray actuou en numerosos festivais: Umbria Jazz Festival en Italia (catro veces), Montreal Jazz Festival, San Sebastián Jazz Festival… e ofreceu numerosos concertos en New York, Philadelphia, Tampa, Chicago, Washington DC e Los Ángeles. A fama internacional chegoulle no 1998 cando participa nun anuncio para Levi ‘s Dockers no cal interpreta unha versión da canción de Renato Carosone “Tu vuò fà l’americano” (feita popular con Louis Prima). (Esta canción inclúese tanto no seu álbum The Men from Uncle coma no CD Live in Italy). No 2004 firmou co selo discográfico Telstar Records. As súas actuacións continuaron polo Reino Unido (e outros países de Europa), Estados Unidos, Canadá e Brazil nos máis prestixiosos festivais de jazz. Se falamos de premios, Ray obtivo nomeamentos para os BBC Radio 2 Jazz Awards, Jazz Artist Of The Year e Best Of Jazz. No ano 2007, gañou o Ronnie Scott’s Jazz Award como “Mellor Pequena Banda do Reino Unido”. Hoxe está considerado un dos últimos clásicos do jazz e verdadeiro showman, cun repertorio que posúe texturas tradicionais e estándares do swing.
Ray Gelato: voz, saxo tenor
Richard Busiakiewiez: piano
Manuel Alvirez: bajo
Ed Richardson: batería.