ciclo Curruncho Pop
nova e última cita do festival Curruncho Pop. Esta será a quenda de Rafael Berrío(San Sebastián, 1963), cantante e compositor que tocou con Poch na década de 1980 e formou parte dos grupos Amor a traizón e Deriva. O seu maior éxito foi o álbum 1971 editado en 2010.
Tamén teremos con nós ao cantautor carballés Luis Rivera, que nos deleitará cunha mostra do seu traballo en acústico.
Reserva a túa entrada chamando á biblioteca!