Radio Pesquera (Nono García & Pablo Novoa)

Novembro 15, 2015

Se falamos dun disco difícil de etiquetar podemos pensar que non é apto para todos os ouvidos ou que talvez para apreciar a riqueza de matices sexa necesario ter un ouvido afeito. Porén, isto non quere dicir que unha mente minimamente aberta á música e disposta a relaxarse ante calquera sonoridade menos común non poda tamén degustala. Pois nesta confusión benvida encontramos o proxecto conxunto da guitarra flamenca de Nono García e a eléctrica de Pablo Novoa.

Estamos ante dous músicos de luxo cunha traxectoria ao servizo de multitude de artistas máis recoñecibles polo gran público. O fío común é que ambos son atlánticos e de portos pesqueiros: un de Vigo e máis roqueiro, cun disco xa instrumental ás súas costas, e outro de Barbate e pioneiro do flamenco jazz. O primeiro asociado a Golpes Bajos, La Marabunta, Iván Ferreiro, Josele Santiago, Julieta Venegas. O segundo a Vaya Con Dios, Carlos Cano, Martirio, Chano García.

Máis próximo ao magnífico “Novoa cruza el Atlántico” que aos discos de García, non supón unha mera continuación daquel aínda que si o ten coma referencia clara. As dúas guitarras dialogan, apóianse, converxen en puntos de encontro distintos mediante músicas de ambas beiras do Atlántico: América do Norte, do Sul e o Caribe, África, Andalucía … e os ouvidos e dedos escorregan polo swing, jazz, blues, flamenco, bossanova, son … O resultado é un disco que se pincha unha e outra vez, que podería soar de fondo sen molestar se non fose porque atrapa desde o mesmo principio.

A súa amizade é recente e nos puntos en común que van criando coa convivencia guitarreira vai xurdindo unha fusión de melodías e improvisacións sen présas, que transmite o valor das mestizaxe natural, en paz, con beleza. Radio Pesquera é atemporal, racha barreiras ou limitacións a base de composicións instrumentais onde dous guitarristas con abondas influencias e experiencias musicais conflúen sen que semelle forzado, sempre guiados pola pericia, a sutileza e a paixón por culminar algo do mellor xeito que saben, Unha larpeirada exquisita para orellas e mente.

Pepe Cunha, 18-decembro-2014

AXENDA

Facebook

5 hours ago

Ábrete de orellas
O último do trío Udra chámase "Paisaxe" e conta coa colaboración de Alejandro Vargas ao piano.👌youtu.be/udC6WfovzsYXa tedes o noso novo vídeo na nosa canle de youtube! Accedede na ligazón da nosa bio.Estamos agradecidas da colaboración do mestre @alejandrovargasrod así coma a man de @seimeiraproducions na gravación do vídeo e a de Fran Figueiral no tratamento da imaxe. O tema gravámolo en @garaxeland e está masterizado por @cacorefojo Desfrutemos da paisaxe!#udra #neosoul #desfrutemosdapaisaxe ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
Arca da Noe, Vilar de Santos, Ourense.