Radio Cos

Maio 13, 2017

nota:

Radio Cos, a banda tradicional que lideran Quique Peón e Xurxo Fernandes, ten xa novo disco, titulado ‘Pasatempo’, que presentarán en directo o vindeiro sábado 13 de maio ás 21 horas na sala Capitol de Santiago de Compostela. Os billetes xa están á venda na plataforma ticketea.com.

‘Pasatempo’ está inspirado no parque homónimo de Betanzos, un precursos dos parques temáticos situado nesta vila que foi capital do Reino de Galicia, no que o seu promotor e construtor, Xoán García Naveira, quixo plasmar unha infinidade de detalles sobre as súas innumerables viaxes arredor do mundo. Esa mesma idea é a que persegue Radio Cos: irmandar neste disco as culturas coas que mantiveron contacto a través das súas viaxes musicais.

Segundo Henrique Peón, “gustounos a idea do Pasatempo porque é como unha metáfora da cultura e da música galega: un parque que está abatido polo paso do tempo e o desleixo, pero que se mantén en pé despois de moito tempo e con pezas moi fermosas. Quixemos xuntar ese concepto coa idea de levantar unha música que está situada na invisibilidade e, á vez, traer músicas doutros lugares e xuntalas coa nosa, ao igual que fixeron os irmáns García ao reflectir no seu parque as viaxes que fixeran”.

Xurxo Fernandes considera que este é un disco “moi enxebre, nunca nos alonxamos da nosa esencia, pero á vez pareceunos interesante mesturar a nosa tradición con outras músicas de raíz do mundo porque claramente temos tradicións irmáns coas que casamos ben”.

‘Pasatempo’, que inclúe dez temas, foi gravado nos estudos Nakra no mes de novembro de 2016 coa produción musical a cargo de Pedro Lamas. E masterizado por Chris Muth nos estudios Taloowa de Nova York.

Traxectoria

Logo do éxito do seu primeiro disco, ‘Sete cuncas’ (Fol Música 2013), publicado en 2013, Radio Cos ten xirado por multitude de festivais europeos. Foron seleccionados pola revista Folk Roots dentro dos mellores discos daquel ano e entraron na prestixiosa lista World Charts Music de éxitos musicais. Ademais, este mesmo ano, participaron na selección oficial de WOMEX 16.

Radio Cos son Xurxo Fernandes e Quique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galicia que levan facendo gravacións de campo por todo o país desde hai máis de tres décadas. A banda confórmana tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas na gaita e saxo soprano, Nikolay Velikov no violino e Xan Pampín no acordeón.

Entradas anticipadas:

AXENDA

Facebook

18 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook