nota.
Xurxo Fernandes e Quique Peón, ofrecerán un concerto conversado para presentar o seu repertorio popular para o canto e o baile. Estes dous cantantes e percusionistas, son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galiza. As melodías utilizadas neste proxecto pertencen aos seus arquivos de gravacións de campo, traballo que levan facendo por todo o país desde hai máis de tres décadas. Para este concerto, o público vai poder ir á fonte da música e dos seus informantes, oir as orixes da nosa cultura popular e ver as interpretacións destes dous aclamados artistas.
Vídeo de Radio Cos: