Radio Cos

Setembro 26, 2015

nota.
Radio Cos, a banda tradicional de Quique Peón e Xurxo Fernandes, celebran este setembro dez anos e queren celebralo na súa cidade este vindeiro sábado. Será no Teatro Rosalía de Castro ás 21h e nel achegarán moitas sorpresas e convidados especiais.

Radio Cos son Xurxo Fernandes e Quique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galiciaa. As melodías utilizadas neste proxecto pertencen aos seus arquivos de gravacións de campo, traballo que levan facendo por todo o país desde hai máis de tres décadas.

Dez anos son os que Radio Cos leva percorrendo escenarios de toda Europa transmitindo o seu modo de entender a nosa música tradicional. Co seu primeiro disco ‘Sete cuncas’ (Fol Música, 2013) confirmáronse como un dos proxectos máis interesantes da música galega: música de raíz que mestura a sonoridade máis arcaica con elementos tirados da propia tradición e melodías alleas que gardan relación co país.

A banda confórmana tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas na gaita e saxo soprano, Nikolay Velikov no violino e Xan Pampín no acordeón. Este traballo, concebido con forza e alegría, quere mostrar a invisibilidade que sufren as culturas minorizadas a pesar de estar aí, de arrodearnos, de ser verdades manifestamente palpables.

Entradas anticipadas

AXENDA

Facebook