Radio Cos

Xuño 29, 2013

nota:

6 € / 3 € (soci@s)
Radio Cos, uns pandeireteiros de sona que fixeron evoluír a nosa música naturalmente. Xurxo Fernandes e Quique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galiza. As melodías utilizadas neste proxecto pertencen aos seus arquivos de gravacións de campo, traballo que levan facendo por todo o país desde hai máis de tres décadas. Vai xa para nove anos que Radio Cos leva percorrendo escenarios en Bélxica, Inglaterra, Escocia, Bretaña e Galiza transmitindo o seu modo de entender a nosa música tradicional. Agora preséntannos o seu primeiro disco, música de raíz que mestura a sonoridade máis arcaica con elementos tirados da propia tradición e melodías alleas que gardan relación co país. A banda confórmana tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas na gaita e saxo soprano, Nikolay Velikov no violino e Xan Pampín no acordeón. Este traballo, concebido con forza e alegría, quere mostrar a invisibilidade que sufren as culturas minorizadas a pesar de estar aí, de arrodearnos, de ser verdades manifestamente palpábeis.
www.facebook.com/pages/Radio-Cos/175438762536920

AXENDA

Facebook

7 hours ago

Ábrete de orellas
Hoxe Sumrrá agasalláronnos cun "greatest hits" ao interpretar unha peza de cada un dos sete álbums. Tiveron que facer 2 máis porque o público na Sede Afundación da Coruña así o quixo. Non canso de velos. Ciclo #butacadejazzMada Producións ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
23:30 h.
Bar Liceum, O Porriño.
6 € / 3 € (soci@s)