QUICO CADAVAL, os actores de “A ESMORGA” e o grupo de música tradicional DO FONDO DO PETO abren o ciclo de actividades culturais que os hostaleiros da compostelá Rúa da Raíña e Vide Vide organizan en torno ao viño.

Xuño 10, 2015

nota:
QUICO CADAVAL, os actores de “A ESMORGA” e o grupo de música tradicional DO FONDO DO PETO abren este venres 12 de Xuño o ciclo de actividades culturais que os hostaleiros da compostelá Rúa da Raíña e Vide Vide organizan en torno ao viño.

As actividades comezan na Praza de Fonseca cunha cata de viño aberta e gratuíta guiada polo contacontos e dramaturgo Quico Cadaval.

Os venres, desde o 12 de Xuño até o 3 de Xullo, a “hora dos viños” na Rúa da Raíña estará chea de sorpresas. Viños galegos e tapas creadas especialmente para a ocasión acompañarán as actividades que se repartirán por toda a rúa ao longo destes próximos catro venres.

CATAS DE VIÑO ABERTAS
Cada venres, un adegueiro guiará a cata de dous viños acompañado por un contacontos. Quico Cadaval, Evaristo Calvo, Celso Sanmartín e Os da Ría serán os encargados de poñerlle humor ás catas, que serán abertas e gratuítas.

MÚSICA TRADICIONAL
Os grupos Do Fondo do Peto, Habelas Hainas, Aire Xulia e Arrueiro
levarán a música tradicional ás tabernas. Os pasarrúas comezarán ao rematar as catas e amenizarán toda a rúa.

UN VIÑO CON…
Carlos Blanco, os actores e o director de A Esmorga (Miguel de Lira, Morris e Ignacio Vilar) e de Os Fenómenos (Touriñán, Fede Pérez e Alfonso Zarauza) e o entrenador do Obradoiro Moncho Fernández, entre outros, compartirán conversas coa xente que se quera achegar a falar con eles das suas últimas películas, dos éxitos deportivos, do tempo ou da vida. Conversas informais ao redor dunha copa de viño galego.

Ademáis de todas as actividades, probar os viños e as tapas en calquera dos locais participantes terá premio, xa que cada día haberá agasallos e sorteos.

Participan: Bigotes, Charra, Bandullo do Lambón, San Jaime, Gambrinus, Montes, Monroy, Sant-Yago, Central, Trébol, Coruña, Caracoles, Celme do Caracol, Pub Don Vito, Galeón Raíña, Camilo, Trafalgar, Cueva, María Castaña, Gato Negro, O Ventosela, Orella, Sexto II e Ourense.

PROGRAMA:
Venres 12 de Xuño
Cata aberta con QUICO CADAVAL
Música con DO FONDO DO PETO

Venres 19 de Xuño
Cata aberta con EVARISTO CALVO (Mofa e Befa)
Música con AIRE XULIA

Venres 26 de Xuño
Cata aberta con CELSO SANMARTÍN
Música con HABELAS HAINAS

Venres 3 de Xullo
Cata aberta con OS DA RÍA
Música con ARRUEIRO

AXENDA