quempallou “once anos mallando”

Novembro 20, 2011

Dicir Quempallou é dicir festa e música tradicional, de raíz. Agora que cumpriron once anos de traxectoria decidiron repasala cunha recompilación de quince temas, a razón de cinco por álbum: “Quempallou” (2002), “Estremonías” (2004) e “Polo Aire” (2007). Gaitas, percusións, acordeóns, frautas e cordas coma sons ao servizo da reivindicación e o sentido do humor en pezas coma o clásico de taberna “Quen teña viño, a adaptación da letra de Rosalía de Castro “Xan”, as inconformistas “Coa lingua de fóra”, “A rabuda”, “En que terra me botaches”, “Rosiña …na Quinta”… e até a colaboración cos Dios Ke Te Crew en “Ninguén!! (Quempa-hop)”. Mentres agardamos polo novo traballo da formación, con este repaso lémbrase unha presenza necesaria na nosa música e en festivais de aquí e acolá. Necesitámolos para seguir cantando: “Que chova a cachón, mais que non mexen por riba de nós”.

Pepe Cunha 20-nov-2011

AXENDA

Facebook

8 hours ago

Ábrete de orellas
hoxe mércores Narci Rodriguez no Jazz Filloa coruñés#RESERVA ENTRADAS: jazzfilloa@jazzfilloa.comAFORO LIMITADO!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook