Dúas son as propostas artísticas que cheguan dende Galicia á 35ª edición da Festa do Avante, que cada ano se leva a cabo en Seixal, moi preto da capital de Portugal. Anxo Lorenzo e Quempallou ofrecerán a súa música en directo o vindeiro 3 de Setembro, dentro dunha vasta e variada programación que cada ano congrega a milleiros de visitantes no que xa é un festival de referencia no país luso.
Quempallou atópase nestes intres preparando o gravación dun novo traballo discográfico, que sairá á venda na primavera de 2012, e do que xa nos ofrece un adianto con novos temas xa incorporados ao seu directo. Pola súa banda, Anxo Lorenzo continúa ccoa súa intensa axenda de concertos por toda Europa, trala cal se tomará un respiro para centrarse nun novo proxecto discográfico.