Quempallou

Abril 28, 2012

O novo traballo discográfico de Quempallou “Vellas Novas” xa se pode escoitar e mercar nas diferentes plataformas de distribución dixital na rede. Un adianto á saida nas tendas de música habituais, nas que estará dispoñible a partires da vindeira semana.
Xunto coa publicación do seu cuarto disco, e como é habitual, o grupo prepara unha xeira de concertos para levar o seu directo polas principais vilas galegas. De este xeito están confrimadas as seguintes datas: 13 de abril Bar Liceum (O Porriño), 14 de abril Aturuxo (Bueu), 17 de abril Casa das Crechas (Compostela), 20 de abril Auriense (Ourense) 27 de abril FNAC e Cova Céltica (A Coruña), 28 de abril Sala Super 8 (Ferrol), 5 de maio Festa do Muiño de Coiro (Cangas), 16 de maio Fábrica de Chocolate (Vigo).
“Vellas Novas” é un traballo cunha estética baseada no mundo do xornalismo, cargado de matices sonoros e variadas influencias musicais, que chegan dende a experiencia dun grupo que leva máis de doce anos en escena. Como é habitual en Quempallou, o disco asenta unha fonda raíz na tradición musical galega, a partir da cal, constrúe arranxos, adapta letras e crea novas composicións. Así conseguen unha sonoridade característica, apoiada nas percusións tradicionais, o acordeón e as cordas, sobre o que camiñan frautas, gaitas, e sobre todo a voz.

AXENDA

22:30 h.
Sala Super 8, Ferrol.
5 €