nota:
o Proyecto Entremares combina á perfección a música clásica e o jazz cunha forte influencia das músicas atlánticas e o flamenco.
En 2016 unha creativa parella de músicos mozos: o guitarrista Daniel Santos e o clarinetista-saxofonista José Luis Fraga que tamén incorpora a electroacústica, comezaron con este proxecto, que lanzou o seu primeiro traballo, ‘Entremares’ en 2017. O grupo soubo crear un estilo que combina a música clásica e o jazz cunha forte influencia das músicas atlánticas e o flamenco. Composicións que nos guían por choros, fandangos, mornas ou fados, percorrendo cos seus acordes a Península Ibérica e facéndonos voar de Galicia a Cabo Verde, polo Océano Atlántico.
Estes dous grandes intérpretes prometen unha descarga sensorial por medio da improvisación e a composición. Clarinete, saxofón, guitarra e procesadores electrónicos en tempo real evocan as músicas tradicionais da Península Ibérica, de Sudamérica e África occidental. O seu fío condutor, o océano Atlántico. Presentan un proceso investigativo sobre as voces populares e os sentimentos implícitos nelas, desde Portugal, Brasil, Galicia e o mundo flamenco, recuperando o fandango, o choro, o folclore e readaptándoo ao formato de concerto por medio de elementos contemporáneos (diálogos de improvisación libre, grooves, electrónica en tempo real, procesadores de efectos, etc.).
Máis info e vídeo “Morna”: