Proxectos premiados nos VI Premios Martín Códax da Música

Maio 09, 2019

nota:

MAV reclama normativas claras que apoien a música ao vivo e máis proxectos galegos nos medios e nas programacións
A sexta cerimonia de entrega dos Premios Martín Códax da Música demostrou con máis forza ca nunca que é a gran cita anual da música galega; o momento agardado para celebrar a cantidade, calidade e diversidade da nosa produción musical, pero tamén para lembrar as reivindicacións do sector. Carlos Barruso recolleu o Premio Honorífico nunha emocionante gala que será emitida este sábado 11 de maio ás 22:45 na TVG2, e o domingo a media noite na TVG1.

Proxectos Premiados

Entre os proxectos musicais premiados destacan propostas con grande proxección a nivel estatal e internacional como Baiuca, Bala ou Tanxugueiras; os traballos de artistas moi consolidados no panorama galego como Marcos Teira, Xoan Curiel, Carmen Rey ou Los Satélites; e achegas de gran valor diferencial como as de Su Garrido Pombo, Xosé Miguélez, Adrián Saavedra, Ejazz e Igloo. Repiten estatuíña Wöyza, Banda Crebinsky e a banda estradense Nao, que este ano se despedirá dos escenarios. Dentro dos premios da industria, premiouse o labor do Diario Cultural e as traxectorias do Festival de Pardiñas e da sala viguesa El Contrabajo Club, que pechará en xuño despois de máis dunha década como aliada da música ao vivo, e logo de ter programado máis de 900 concertos. Este é o listado de proxectos premiados por categorías:

POP/iNDIE Igloo

ROCK Bala

METAL Nao

JAZZ/MÚSICAS IMPROVISADAS Xosé Miguélez – ONTOLOGY

MÚSICAS URBANAS Wöyza

CLÁSICA/CONTEMPORÁNEA Adrián Saavedra

MÚSICA TRADICIONAL E FOLQUE Tanxugueiras

MÚSICAS DO MUNDO Marcos Teira – NÓS

MÚSICA INFANTIL Xoán Curiel e A Banda do Verán – A CASA DO TERROR

MÚSICA ELECTRÓNICA Baiuca

REGGAE/SKA/MESTIZAXE Banda Crebinsky

ORQUESTRAS/GRUPOS/MÚSICA DE VERBENA Orquestra Los Satélites

BLUES/FUNK/SOUL Carmen Rey

CANCIÓN DE AUTOR/A Su Garrido Pombo

COROS E GRUPOS VOCAIS Ejazz

ORGANISTRUM FESTIVAIS Festival de Pardiñas

ORGANISTRUM SALAS El Contrabajo Club

ORGANISTRUM ESPAZOS DE COMUNICACIÓN MUSICAL Diario Cultural

PREMIO HONORÍFICO MÚSICAS AO VIVO 2019 Carlos Barruso

AXENDA