Proxecto Sapoconcho

Abril 09, 2013

nota:

Proxecto Sapoconcho e amigos (blues/jazz) martes 9 ás 22.30h – 5€
No concerto (e tamén no disco) participan ducias de músicos e artistas. Mañá estarán, entre outros: Abe Rábade, Uxía, Xoán Curiel, Mónica de Nut, Nelson Quinteiro…
Mañá martes día 9 terá lugar na Casa das Crechas o concerto-presentación do Proxecto Sapoconcho que son: Pablo Vidal (contrabaixo, piano e guitarra, ex compoñente d’Os Resentidos) e Sapoconcho (voz, percusión e guitarra). Estarán acompañados por algúns dos músicos que participan no proxecto e formarán parte do disco que sairá a luz en primavera: Abe Rábade, Uxía, Xoán Curiel, Mónica de Nut, Maghúa, Clara Pino, Olga Brañas, Iria Sobrado, Tareixa Cereixa, Tonhito de Poi, Dubi, Nelson Quinteiro e Manoele de Felisa.

O Proxecto Sapoconcho naceu a raíz de que coincidiran en varios concertos, Pablo como músico e Sapoconcho como convidado. O repertorio vai desde algún tema propio até temas de sempre, levados ao terreo do blues e do jazz. A finais desta primavera verá a luz o froito deste proxecto, un disco tamén compartido con todos estes músicos.

Sapoconcho volve á música despois de formar parte de varias formacións durante o franquismo. E Pablo Vidal é un músico de calidade contrastada, que formou parte dos Resentidos, entre outros moitos proxectos.

Facebook

22:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €