programa completo da Festa do Queixo de Arzúa: 1 e 2 de marzo

Febreiro 27, 2014

ARIZONA BABY, EME DJ e TANTO NOS TEN, pechan o cartel do Festival do Queixo

O festival comeza o sábado 1 de marzo ás 21.30 h no Campo da Feira coas actuacións dos vallisoletanos Arizona Baby e os cataláns La Pegatina.
Ao remate, na Praza de Galiza, terá lugar a actuación do grupo de A Guarda The Winning Numbers, gañador do “Queixo Maquetón 2014”, que bateu marcas de participación con 263 bandas inscritas! Pecharase a noite coa sesión DJ de Marta Fierro -EME DJ- nese mesmo escenario.

O domingo 2 de marzo ás 13 h, na Praza de Galiza, poderase gozar, como novidade desta 39ª edición, da Sesión Vermú a cargo de Paty Lesta & The Hits; e pola tarde, a partir das 18 h, na mesma praza, terán lugar os concertos de Tanto nos Ten e Leilía.

Facebook