Primordiais (Marcelo González e Lu Martíns )

Maio 19, 2012

MUSICAS POSIBEIS RIBADEO.
19 de maio ás 23h no Cinema Teatro.
PRIMORDIAIS. Marcelo González (voz e percusións de man), Lu Martíns (harpa e bouzouki).

MÚSICA NATURAL SEN ADITIVOS.Un concerto para os amantes da música popular reelaborada e cortada a machada, mesmo parece arte en bruto ou unha peformance trad-pope, ou a naturalidade de dous nenos de aldea que tocan,cantan e construen.
É un concerto simple de harpa, tina da roupa e pandeireta. Marcelo González e Luís Martíns ofrecen unha musica motivadora, atractiva, que axuda a redescubrir espazos dinámicos diferentes axeitados para gozar e participar, tendo a música como canle de interacción e disfrute.
A voz de Marcelo sona grande e pequena, profunda e leve, afilada mas por veces acariña como o rio donde ainda pode nadar.
A harpa de Luís sona a arte-san feita en taller acolledor e cheo de fantasías.
O que “Primordiais” propón é, precisamente, pechar a billa ou ben abrila de todo. Un todo e un nada nun momento musical. Facer que durante un curto período de tempo e nun contexto no que se está perdendo o dinamismo musical como pode ser a rúa, esa policromía recupérese en calquer lugar enchendo o espazo de ritmos, voces e expresións diferentes. Eles levan a rúa á escena. Veñen desde Soutomaior (Pontevedra interior) con cancións compostas de forte inspiración tradicional e con repertorio da sua comarca, que coñecen ben. Son dous xóvenes músicos que viven en maiúsculas e defenden a vida de aldea, a boa comida da horta (que eles mesmos plantan) e vivir o ciclo do ano a través do clima e das propostas sonoras que este imprime.

AXENDA

Facebook

11 hours ago

Ábrete de orellas
hoxe mércores Narci Rodriguez no Jazz Filloa coruñés#RESERVA ENTRADAS: jazzfilloa@jazzfilloa.comAFORO LIMITADO!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook