Primordiais (Marcelo González e Lu Martíns )

Maio 22, 2012

JEAN VIGO “A PROPOS DE NICE” E CARLOS QUINTÁ + CHOURIZO DE LALÍN
Mais un Petisco Musical, desta volta unha adaptación da partitura de Marc Perrone para a película de Jean Vigo, a súa opera prima (À propos de Nice, 1930) e interpretada ao vivo á vez que se proxecta a película por Carlos Quintá, profesor de acordeón diatónico da Trad-Escola de Vigo e un dos instrumentistas mais interesantes e solventes da nova xeración de músicos folque do pais. A sesión estará acompañada por pan e chourizos de Lalín. Este petisco será o primeiro prato da noite, que compartillará co concerto de Os Primordiais.

Jean Vigo: Era fillo do militante anarquista catalán Eugène-Bonaventure de Vigo, coñecido co sobrenome de Miguel Almereyda, director do periódico Le Bonnet Rouge. A súa primeira película, a mediametraxe muda À propos de Nice (1930), é unha especie de ensaio fílmico de ton satírico que explora as desigualdades sociais da Niza dos anos 20, lanzando unha feroz diatriba contra os veraneantes burgueses. No filme colaborou o director de fotografía ruso Boris Kaufman (irmán do director Dziga Vertov), que interviría despois en tódalas obras de Vigo.

PRIMORDIAIS + CHULAS DE SOUTOMAIOR.
Marcelo González (voz e percusións de man), Lu Martíns (harpa e bouzouki).
MÚSICA NATURAL SEN ADITIVOS.Un concerto para os amantes da música popular reelaborada e cortada a machada, mesmo parece arte en bruto ou unha peformance trad-pope, ou a naturalidade de dous nenos de aldea que tocan,cantan e construen.
É un concerto simple de harpa, tina da roupa e pandeireta. Marcelo González e Luís Martíns ofrecen unha musica motivadora, atractiva, que axuda a redescubrir espazos dinámicos diferentes axeitados para gozar e participar, tendo a música como canle de interacción e disfrute.
A voz de Marcelo sona grande e pequena, profunda e leve, afilada mas por veces acariña como o rio donde ainda pode nadar.
A harpa de Luís sona a arte-san feita en taller acolledor e cheo de fantasías.
O que “Primordiais” propón é, precisamente, pechar a billa ou ben abrila de todo. Un todo e un nada nun momento musical. Facer que durante un curto período de tempo e nun contexto no que se está perdendo o dinamismo musical como pode ser a rúa, esa policromía recupérese en calquer lugar enchendo o espazo de ritmos, voces e expresións diferentes. Eles levan a rúa á escena. Veñen desde Soutomaior (Pontevedra interior) con cancións compostas de forte inspiración tradicional e con repertorio da sua comarca, que coñecen ben. Son dous xóvenes músicos que viven en maiúsculas e defenden a vida de aldea, a boa comida da horta (que eles mesmos plantan) e vivir o ciclo do ano a través do clima e das propostas sonoras que este imprime.

AXENDA

Facebook

1 day ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
22:00 h
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €