Primordiais

Febreiro 18, 2017

nota.

Primordiais, dúo de arpa, voz e percusión formado por Luis Martíns e Marcelo DoBode, dous primos que, desde Soutomaior nos traen as súas “musicas de OrTa”, musicas en crecemento, simbiose perfecta entre tradición e Modernismo. Eles veñen presentar o seu disco “Drogueria Moderna” e, ademais do concerto no Auditorio, farán tamén presentacións aos escolares da vila para que os máis novos coñezan de perto estas músicas tan próximas e, se cadra, tan descoñecidas para eles.

AXENDA

21:00 h.
Auditorio da Xunqueira, Redondela.
5 / 7 €