Primordiais

Setembro 25, 2020

nota:

Primordiais achega tradición e modernidade ao Círculo das Artes de Lugo
O concerto terá lugar o venres 25 ás 20 h e está enmarcado dentro do ciclo Acervos Sonoros, patrocinado polo Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021.
A entrada será libre ata completar o aforo.

O vindeiro venres día 25 de setembro, as 20 h, terá lugar no Círculo das Artes de Lugo o concerto de Primordiais, a segunda proposta deste Acervos Sonoros, ciclo patrocinado polo Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, que está a achegar á cultura galega as vilas e cidades de toda Galicia.

Inaugurado o pasado domingo con Sabela King no Astaleiro da Banda de Tui, recollen o testigo este particular dúo formado por Marcelo DoBode e Luis Martíns, dous músicos do ámbito da música folk galega máis actual. Primordiais invítanos a unha viaxe polas hortas nas que crece e aflora toda a beleza que une a arpa coa voz e a percusión máis terreal.

Marcelo DoBode é un artista multidisciplinar cunha extensa carreira nas músicas tradicionais. Mestre recopilador do legado etnográfico das músicas de raíz de Galicia, traenos magníficas composiciones baseadas e nacidas da tradición. Estas, fusionadas co son da arpa, fan que a música tradicional galega respire para seguir crecendo, pero amosando os seus tons máis actuais.

Luis Martíns é luthier de instrumentos de corda, destacando principalmente coa arpa, e é tamén músico do ámbito folk e da música tradicional. A súa arpa aporta unha luz única ás melodías e a voz epercusión do seu compañeiro.

AXENDA

Facebook

7 hours ago

Ábrete de orellas
TANXUGUEIRAS e Fillas De Cassandra unidas en "Quen é a que canta?" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:00 h.
Círculo das Artes de Lugo.
De balde até completar aforo.