Primal Scream + Dirty Socks

Setembro 06, 2013

Primal Scream – Festas do Apóstolo 2013

adiado no seu momento polo gravísimo ccidente ferroviario

nota:
Apertura de portas 20:00h / Artista invitado 20:45h / Primal Scream 21:45h

Primal Scream e os Dirty Socks pecharán as festas do Apóstolo en Santiago de Compostela

Os composteláns Dirty Socks serán os encargados de abrir o que será, sen dúbida, un dos concertos do ano en Galicia: a actuación da banda escocesa Primal Scream en Santiago de Compostela o vindeiro 31 de xullo. Será o excepcional colofón a dez días de festas dentro da programación do Concello para o Apóstolo 2013, e encherá de rock bailable un dos escenarios únicos que ofrece a cidade, a Praza da Quintana.

Dirty Socks é un novísimo cuarteto local que xa compartiu escenario con outras grandes bandas, como Placebo, The Sonics ou These New Puritans. Veñen de quedar como semifinalistas no Proyecto Demo que organizan o Festival Internacional de Benicassim (FIB) e Radio 3 coa súa actual mestura de post punk, rock alemán dos anos 70, pop e psicodelia. Aínda que a pegada de Bauhaus, Buzzcocks, Joy Division ou New Order no seu son é poderosa, o abano dos Dirty Socks inclúe xéneros tan diversos como a psicodelia dos 60, o minimalismo de Philip Glass, Terry Riley ou Steve Reich ou a electrónica experimental e rudimentaria e as guitarras de Sonic Youth ou Jonny Greenwood. Con estes fíos, e outros moitos, o cuarteto compostelán tece un son do século XXI “que soa a Dirty Socks e non se confunde con nada”.

Tras un primeiro EP, “Dirty Socks” (Dirty Socks, 2010), os composteláns presentan agora “Abandoned Warehouse” (Vir, 2012), co que o seu son alcanza un novo nivel. Continúan nutríndose do post punk de finais dos 70 e do minimalismo, pero dan un claro xiro cara á psicodelia dos anos 60 e a experimentación. Xiro que se traduce nun son fresco e enérxico cargado de matices.

Primal Scream

Os Primal Scream chegan a Santiago despois de ser cabeza de cartel nalgúns dos máis impotantes festivais europeos, como Glastonbury ou o FIB de Benicassim. De feito, o FIB é a única data en España xunto coa de Santiago de Compostela.

Primal Scream chega avalado pola súa excepcional carreira musical que lonxe de decaer co tempo, está a dar bos froitos na súa madurez. O grupo publicou en maio o seu décimo traballo de estudio, “More Lights”, cunha espléndida acollida por parte da crítica e dos seus seguidores, o que demostra a plenitude de forma dos Primal Scream.

Pero tamén será un concerto no que revivir os maiores éxitos da formación liderada por Bobby Gillispie, como Loaded, do emblemático disco “Screamadelica” (1991), que os consolidou na historia da música rock mundial.

A apertura de portas será ás 20:00 horas, e 45 minutos despois comezarán a preparar o ambiente os Dirty Socks, para tomarlle o relevo ás 21:45 horas os Primal Scream, que rematarán xusto antes do habitual espectáculo pirotécnico co que pechan cada ano as compostelás Festas do Apóstolo.

As entradas están á venda en www.entradas.novagaliciabanco.es, www.ticketea.es e na billeteira do Teatro Principal. O prezo é de 20 euros por adiantado e de 24 euros o día do concerto na billeteira.

AXENDA

Facebook

7 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:45 h.
Praza da Quintana, Santiago de Compostela.
20 €