Presumido

Setembro 29, 2016

nota:

A banda de Vigo e Ourense que xa foi calificada pola prensa especializada con frases tan lapidarias coma “os Depeche Mode ou Kraftwerk españoles” ou “a última esperanza do Synth Pop” dará comezo á xira de presentación do seu primeiro LP “Vendetta” o vindeiro xoves 29 na Sala Karma de Pontevedra. A proposta está baseada no pop electrónico dos 80 e retorcida coas máis contemporáneas e irreverentes influencias da electrónica actual, estará aderezada nos seus concertos con un rechamante show de luces e visuais construido artesanalmente por eles mesmos. O espectáculo que os propios Tarci Ávila e Nacho Dafonte definen coma “Unha montaña rusa de sentimentos y emocións” promete facer as delicias dos amantes da música e escenografía chea de matices e envolta desa “retranca” que transmiten desde as primeiras frases ata a propia estética.
Esta primeira fase da xira de presentación de “Vendetta” levará á banda a cidades coma Pontevedra, Barcelona, París, Besançon…

Presumido é unha ponte entre a música electrónica do pasado e a do presente. Un proxecto de Synth Pop 2.0 formado por Tarci Ávila e Nacho Dafonte, que propón chegar aos territorios musicales nos que o pop en castelán na vertente mais electrónica xamáis se meteu.

¿Synthpop 2.0? Moi doado: colleron o estilo dos clásicos do xénero coma Depeche Mode ou Kraftwerk e empapárono coas referencias mais contemporáneas coma M83, Moderat, Daft Punk… e os artistas electrónicos mais irreverentes coma Bjork, Apparat, Aphex Twin, Telefon Tel Aviv… de xeito que encontraron un estilo propio que poderíamos definir coma Uns Depeche Mode en castelán e pasados de rosca.

Ademáis da sua proposta musical tamén ofrecen un espectáculo de luces e visuais que elaboraron de xeito artesanal e que, convirte o concerto nunha experiencia audiovisual realmente interesante.

E… ¿Quenes son Ávila e Dafonte? Pois dous músicos que acumulan uns 50 anos de vida e uns 1300 concertos por 7 países con proxectos coma Eladio y Los Seres Queridos, The Blows, Aerolíneas Federales, Minim, Galicia Caníbal…

Video promocional xira:
Youtube https://www.youtube.com/watch?v=Ra0Szc4VQW8
Descarga https://we.tl/czXMdlY95c

29/9 PONTEVEDRA (+moreno moreno dj) Sala Karma
6/10 ARANDA DE DUERO La Tramoya
8/10 BESANÇON (+LpLpo) Les Passagers du Zinc
11/10 PARIS (+Thayer Serrano) Pop In
21/10 BARCELONA Doble36
22/10 MADRID Secret Show
12/11 VIGO La Fábrica de Chocolate
18/11 O BARCO Baranda
19/11 LUGO O Mercado Street Food
19/11 A CORUÑA (+Happy Meals) Nave 1839
26/11 OURENSE (+Linda Guilala) C. C. El Pueblo
9/12 PONFERRADA Sala Vaca

AXENDA

Facebook

10 hours ago

Ábrete de orellas
hoxe mércores Narci Rodriguez no Jazz Filloa coruñés#RESERVA ENTRADAS: jazzfilloa@jazzfilloa.comAFORO LIMITADO!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
23:30 h.
Sala Karma, Pontevedra.
7/10 €