preséntase en Ferrol a segunda edición do ciclo Na Raiz

Xullo 29, 2016

nota do Concello de Ferrol.

A CONCELLERÍA DE CULTURA PRESENTA A II EDICIÓN DO CICLO NA RAÍZ, FESTIVAL DE MÚSICA QUE MISTURA TRADICIÓN E INNOVACIÓN
O teatro Jofre recollerá unha nova edición do Ciclo Na Raíz que arrincará este vindeiro 23 de setembro con Miguel Araújo e durará ata o 16 de decembro que pechará o ciclo.

Esta mañá o concelleiro Suso Basterrechea xunto a representante de Lumeda Produccións, Aitana Cuétara responsable do Ciclo presentaron en rolda de prensa a segunda edición do ciclo NA RAIZ.

Este ciclo ten como base a música tradicional pero misturando a innovación achegando novas propostas. Segundo o concelleiro “por segundo ano consecutivo achegamos a Ferrol unha proposta de altísimo nivel e que esperamos que teña a mesma boa acollida que o pasado ano” destacando iso sí “a dificultade de xuntar músicos desta categoría nun só evento”.

O ciclo arrincaría o venres 23 de setembro coa presenza de Miguel Araújo unha das grandes referencias da música portugesa ata o venres 16 de decembro que sería un dos últimos concertos coa preseza de Ramón de Lamas Romedo que tería unha actuación xunto a Banda Municipal Ferrolá.
As actuacións terán lugar no Teatro Jofre e as entradas xa estarán a disposición das persoas interesadas a finais de agosto, na taquilla.com e na billeteira do Teatro Jofre a un prezo de 10 € “seguindo coa política desta concellería dos prezos reducidoE XA TEMOS COMPLETO O CARTEL DA II EDICION DO CICLO DE MUSICA NA RAIZ.

Ten como base a música tradicional pero misturando a innovación e a vangarda que nace da conxunción musical galego-portuguesa.

Unha aposta senlleira da Concellería de Cultura de Ferrol que encabeza Suso Basterrechea, para repetir e medrar no éxito do primeiro asalto da pasada edición inaugural.

Toma nota das citas e artistas e do prezo:10 euros. Axustado e reducido para abrir as portas da cultura a todos os petos.

Entradas na billeteira do teatro desde finais de agosto. 21:00 Teatro Jofre.

II CICLO DE MÚSICA NA RAÍZ
venres 23 setembro– Miguel Araújo
venres 28 outubro- Germán Díaz (Método Cardiofónico).
venres 11 novembro – Deolinda
venres 16 decembro – Vaamonde, Lamas & Romero xunto coa Banda Municipal Ferrolá.

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook