Presentado onte mércores 5 en rolda de prensa o cartel definitivo do Festival de La Luz

Setembro 06, 2012

Na casa natal de Luz Casal (Boimorto-A Coruña), os días 22 e 23 de setembro

O Festival de la Luz impulsará o desenvolvemento do rural galego a través do Mercado de la Cosecha. Este será o punto de encontro dos que comparten e propoñen ideas que impulsan o desenvolvemento competitivo de Galicia e a sustentabilidade do rural

• Corporación Hijos de Rivera, R, Novagalicia Banco, Gadis, Gas Natural Fenosa e Mans-Paideia impulsan este festival organizado por ZircoZine, Luz Casal e Vega a través de Vega”s Home Music, co apoio do Concello de Boimorto

• Un total de 27 artistas pasarán polo Escenario de la Luz e o Escenario SON Estrella Galicia: a propia Luz Casal, Manolo García, Vega, Rosendo, Dover, Luar Na Lubre, Christina Rosenvinge, Di Elas, Basia Bulat, Nova Galega de Danza, Chris Barron, Anni B Sweet…

• As 5.000 primeiras entradas véndense ao prezo de 10 € un día e 15 € os dous días, con zona de acampada incluída, a través de www.novagaliciabanco.es. En taquilla custarán 15 € un día e 20 € dous días. A recadación irá á Asociación Española Contra el Cáncer de Galicia

CARTEL MUSICAL COMPLETO POR DÍAS

Sábado 22 de setembro

Apertura portas: 11:30h. Concertos desde 12h

Escenario de la Luz:

LUZ CASAL * MANOLO GARCÍA * VEGA * DI ELAS *LUAR NA LUBRE * ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS * EME DJ * MÄBU * ITH * RIFF RAFF

Escenario SON Estrella Galicia:
ALONDRA BENTLEY * SOLEDAD VÉLEZ * LORENA ÁLVAREZ Y SU BANDA MUNICIPAL * DAVILE MATELLÁN * EL VIEJO CARACOL

Domingo 23 de setembro

Apertura portas: 11:30h. Concertos desde 12h

Escenario de la Luz:

ROSENDO * DOVER * CHRIS BARRON * CHRISTINA ROSENVINGE (SON EG) * BASIA BULAT (SON EG) * NOVEDADES CARMINHA * NOVA GALEGA DE DANZA

Escenario SON Estrella Galicia:
ANNI B SWEET * BOAT BEAM * STEREOTIPOS *JANE JOYD * RUBÉN MOINELO (PROYECTO KOURNIKOVA)

AXENDA