Presentación dos premios Martín Códax da Música

Marzo 01, 2018

nota:

Hoxe, día 1 de marzo tivo lugar a presentación dos Premios Martín Códax da Música, o evento realizouse na libraría Numax( Compostela).

Abriuse o acto coa actuación de Mr. Cool, quen amenizou a presentación coa súa guitarra e o seu inconfundible estilo jazzero e a gracia do seu talento vocal.

Ramón Bermejo, voceiro de Músicos ao Vivo, abriu o acto de presentación dos Premios Martín Códax da Música dicindo que “este ano estamos de triple festexo pois celebramos a quinta edición dos premios, dez anos como asociación e tamén botamos a andar a nosa propia cooperativa!”
Despois de moito esforzo e moito tempo traballando, por fin temos en activo a Músicos ao Vivo S. Coop. Galega, un ambicioso proxecto que nos permitirá traballar dende Galicia autonomamente e seguir facendo medrar a nosa profesión.
Desde Músicos ao Vivo queremos compartir o noso orgullo e ledicia por
estes tres motivos, pois consideramos que traballando deste xeito
construímos positivamente a comunidade musical galega e afianzamos a nosa idea de “facer país”.

Agradeceu o apoio dos patrocinadores presentes e fixo fincapé no Concello de Pontevedra que nos escoitou desde o primeiro momento e que cada ano abre xenerosamente as portas do Pazo da Cultura para a celebración da gala dos premios.Deu as grazas tamén pola presencia no acto de Dona Branca Novo Rei, Concelleira de Acción Cultural de Compostela, con quen Músicos ao Vivo( Sección Compostela) ten unha moi boa relación profesional.

Recordou o dato importante do día e é que hoxe xoves día 1 ábrese o prazo de inscripción para os premios e remata o xoves 18 de marzo.

Jacobo Sutil, director de Agadic, alabou a iniciativa de Músicos ao Vivo de constituírse en cooperativa e a profesionalización dos sector, que é importante para a interlocución coas intitucións. Como exemplo está a modicicación da Rede da Música ao Vivo, na que Músicos ao Vivo, Clubtura e Agadic traballaron conxuntamente para consensuar a normativa da Rede.

“Os Premios Martín Códax da Música representan a variedade de proxectos e o talento que hai na música galega. A gala dos premios é un evento que evoluciona cada ano e que se adapta aos cambios da industria musical.”

Xosé Leal, Deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, valorou os Premios Martín Códax da Música como un certame que segue a demostrar, nos seus cinco anos de vida, que somos unha potencia musical.

Comentou que a música galega ten o seu oco nas programacións do país pero que todavía debe ter máis.

Tamén salientou que todo o que significa profesionalización é positivo tamén á hora de encarar as tramitacións administrativas e que resulten máis doadas.

“Pontevedra é unha cidade que ven sendo un escaparate da música ao vivo e un marco ideal para a a celebración da gala dos premios da música.”

“O deputado de cultura considera que o sector musical ten que xenerar emprego e que as administracións teñen que pular e aportar o necesario para que os proxectos musicais teñan un maior percorrido. Se somos unha potencia creadora temos que apoialo e amosalo á cidadanía.”

María Garrido, directora de Marketing das Adegas Martín Códax manifestouse una ano máis apaixoada por este proxecto promovido pola Asociación Músicos ao Vivo con quen as adegas comparten a filosofía do cooperativismo. Garrido sinalou que “somos dous sectores moi similares que crean riqueza e país”

AXENDA

Facebook

2 hours ago

Ábrete de orellas
TANXUGUEIRAS e Fillas De Cassandra unidas en "Quen é a que canta?" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook