presentación do Mercado da Estrela no CGAC. sábado 15 e domingo 16 de decembro.

Decembro 10, 2012

O Mercado da estrela nace coa vocación de amosar o traballo dos novos creadores galegos. Artistas, artesáns e novos emprendedores de disciplinas como a ilustración, a moda, os complementos, os cosméticos ou a fotografía, ensinarán as súas coleccións a vindeira fin de semana co ánimo de que se convertan en agasallos de Nadal. Unha variada programación lúdico-cultural completará a oferta do Mercado animando aos visitantes a degustar os productos do Espazo de restauración e música, coñecer a bandas galegas emerxentes, participar dos talleres creativos, e activar a súa conciencia solidaria.

Dende o Mercado da estrela propoñemos redescubrir o Nadal a través dunha busca persoal e en clave optimista que permita recuperar o espírito de comunidade, por iso esperamos que esta cita levante os ánimos e esperte a ilusión de tod@s!

AXENDA

Facebook

5 days ago

Ábrete de orellas
Desde os EUA, The Comancheros mañá xoves na Sala Mardi Gras e o venres en Ourenseabretedeorellas@gmail.com ... See MoreSee Less
Ver en Facebook