Premio Narf – aberto o prazo ata o 20 de xuño

Xuño 05, 2024

nota:

O Concurso Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais da Deputación da Coruña remata o 20 de xuño o seu prazo de presentación nunha convocatoria, a décimo sexta, aberta a calquera proposta de música popular que non fose premiada nos cinco anos naturais anteriores do concurso.

Este certame, que homenaxea a figura e obra do músico e compositor Fran Pérez ‘Narf’, establece un primeiro premio dotado con 4.000 euros, un segundo con 2.000 euros e un terceiro con 1.500 euros. As bases pódense consultar no BOP do 27 de febreiro.
Trátase dun galardón consolidado que ten descuberto numerosas bandas que hoxe podemos ver nos principais festivais da Península, como Familia Caamagno, Bala ou Mounqup, que se contan entre algunhas das propostas gañadoras.

O obxecto da convocatoria é difundir, apoiar e promocionar os grupos e artistas musicais das diferentes comarcas e localidades galegas, así como lembrar e difundir socialmente a figura e a obra do músico, compositor para espectáculos musicais e teatrais e dinamizador cultural, que foi o cantante Fran Pérez “Narf”.

A dotación económica deste galardón é de 3.000 euros para o primeiro clasificado, 2.000 para o segundo e 1.500 para o terceiro. O xurado realizará unha primeira selección dun total de tres artistas e/ou grupos despois da audición das maquetas recibidas. Os grupos e/ou artistas que resulten seleccionados accederán á fase final, que terá lugar no seo dunha gala na que terán que presentar en directo cadansúa proposta musical.

Fran Pérez, ‘Narf’

Fran Pérez, ‘Narf’ (Silleda 1968 – Santiago de Compostela 2016) foi un un compositor e cantor de longo recorrido, parte do cal está ligado ao entorno do mundo lusófono. Gustáballe definirse como “cancionista” e a súa obra caracterízase pola forte personalidade e a busca constante de orixinalidade. Editou cinco discos como NARF: ‘Baladas da Galiza imaxinaria’ con Uxía (2015); ”Nas tardes escuras” (El Patito editorial, 2013), con poemas de Rosalía de Castro; “Aló irmao” (Falcatruada, 2010) con Manecas Costa: “Tótem” (Falcatruada 2007) e “Directo en Compostela” (Changüí, 2003). Tamén compartiu disco e xira por España co proxecto ‘Mundo café’ xunto cos músicos Jabier Muguruza e Miquel Gil.

Ademais foi fundador da Sala Nasa e membro de grupos como a Psicofónica de Conxo, Os Quinindiola ou Nicho Varullo. Tamén compuxo para teatro e para obras audiovisuais, acadando múltiples premios.

Abriu camiños desde mozo no rock local, cando a música xuvenil ao vivo aínda era unha sorpresa en Compostela. Abriu camiños na integración significativa da música nas artes escénicas e nas sinerxias que alimentaron o fenómeno das salas alternativas autoxestionadas. Abriu camiños inéditos para quen quere facer da música profesión desde a independencia e a integridade. Abriu camiños para a conformación da escena musical local como hoxe a coñecemos e abriunos tamén cara o exterior, propiciando encontros inauditos coa música do mundo, encetando vieiros inexplorados. E todo cunha personalidade única de irrenunciable orixinalidade. As pontes que tendeu no mundo musical son agora motivo de aprezo e celebración.
Trátase da décimo sexta edición do Concurso Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais que organiza a Deputación da Coruña
O certame establece un primeiro premio dotado con 4.000 euros, un segundo con 2.000 euros e un terceiro con 1.500 euros.
Os artistas e grupos interesados poden presentarse até o 20 de xuño

Consulta toda a información aquí:

https://www.premionarf.gal

AXENDA

Facebook