Planeta Lem Trip e Artistas Convidados

Novembro 30, 2012

Planeta Lem Trip (Reggae on the Rock, Catalunya) e Artistas Convidados: Toñyto All Time (Galiza) – Reggae//Ska//Rumba, Mr.Mou Baked By Likel David Selektah (Galiza) Reggae//Roots

Planeta Lem Trip (Reggae on the Rock, Catalunya)

Aleko Capi (BSAS, Arxentina): letra e música, voz, guitarra, programacións, produción, 450 concertos en 13 países, varios álbums editados enEuropa, Arxentina e Xapón.

En maio de 2001 emigra a Barcelona e crea Go Lem System. Esta formación grava e mestura os álbums Viaje (2003) e Cazaría (2006). Ambos os dous discos contan coa participación de Manu Chao (voz e guitarra) e Gambeat (Raio Bemba) como baixista de “Cazaría”. Con Manu comparten tamén media ducia de concertos (en distintos formatos).

Planeta Lem é música para voar e para bailar, son palabrar para pensar e para sentir,. Unha viaxe entusiasta, túpida de sentimento e sinceridade, crítica, positiva, poli-temática e conceptual.

http://www.planetalem.blogspot.com/

Toñyto All Time (Galiza) – Reggae//Ska//Rumba

Toñyto All Time é un artista underground galego que está afincado en Madrid. Os seus estilos son o reggae, o ska e o cachibache…a mestura de todo con todo, como un cocktel molotov musical que explota en directo cun ritmo imparable sen pausa onde a dinámica entre público e artista é a base.

Toñyto All Time busca que o público ou o oínte non pare de cantar, bailar ou corear os temas pegadizos do seu primeiro traballo propio “Con Todas Tus Fuerzas” O obxectivo para este 2012 é tocar coa súa propia banda en todo o territorio español, e para iso conta cunha minixira no centro do país que abrangue as cidades de Madrid, Toledo ou Cuenca, así como outra xira que realizará en Alicante e Norte de Andalucía.

http://www.tonytoalltime.bandcamp.com/

Mr.Mou Baked By Likel David Selektah (Galiza) Reggae//Roots

Richi Mouriño aka Mista Mou, nacido en ferrol en 1991 e formado como instrumentista dende mozo. O seu primeiro achegamento a musícaa vogal estivo mais ligado ao rap nun principio. Unha vez descuberto o reggae xa non se separaria del ata chegar a sentirse cómodo nese estilo e poder sentir o que o reggae representa, afectando ao seu modo de vida.

O seu proxecto de mais importancia neste momento é a creación dun novo e prometedor grupo reggae na escena ferrolana “Natural Green”

http://www.youtube.com/watch?v=AJA-itf1qnQ

AXENDA

Facebook

1 day ago

Ábrete de orellas
Andrés Suárez & TANXUGUEIRAS "Remanso para morrer" nas "Sesiones Moraima 2" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
23:00 h.
Pub Aturuxo, Bueu.
6 €