Pista Extra, o novo proxecto de A Candeloria en Lugo, presenta o cartel completo

Outubro 21, 2024

nota:

“Pista Extra”, a nova proposta do festival lucense A Candeoria presentou esta mañá a súa programación completa xunto a Deputación de Lugo, patrocinadora do evento. Pista Extra é un novo festival para a cidade lucense que nace de A Candeloria, un evento de referencia para os fans da música rock, ska, rap ou punk. Buscando “afianzar o tecido cultural alternativo na cidade e na zona”, explicou o director Manu Fernández, presentan agora Pista Extra, para o 30 de novembro no Pazo das Feiras e Congresos de Lugo.

“Pista Extra ten os mesmos valores que A Candeloria e tamén procura mesturar as mellores bandas galegas e en galego con outras de referencia no panorama internacional e nacional”, destacou Fernández. Na presentación tamén participou Iria Castro, deputada provincial da Deputación de Lugo e Andres Valle e Carla Ortega, da organización do evento.

O 30 de novembro “Pista Extra” presentará unha proposta formada por grupos de rock, ska, rap ou punk entre os que destacan El Drogas ou Non Servium, a banda de Móstoles xa pisou Lugo en 2018 e volven agora a presentar o tour Criatura. Ademáis, vivirase un momento moi especial coa despedida da banda Def Con Dos, que elixe Galicia para dar o seu último concerto da xira “Mutantes pal Pueblo”, na que repasan as cancións máis emblemáticas dos máis de 30 anos de traxectoria da banda.

A nivel internacional chegará á cidade Banda Bassotti, grupo italiano de ska punk, unha das grandes bandas do xénero no seu país. Completan o cartaz os galegos Familia Caamagno; o dúo valenciano Machete en Boca; a banda Ruxe Ruxe; a “brass band” feminina Brassica Rapa e o Dj Jordi Pánico.

A programación complétase coa presentación do documental que recolle a xira de XX aniversario do grupo galego Dakidarría, que pasou en varias ocasión por A Candeloria. Será o día 29 de novembro no C.S Madia Leva, ás 20:30 horas, con entrada de balde e presencia dalgúns membros da banda.

Pista Extra conta co patrocinio de Vibra Mahou, a Deputación de Lugo, o Concello de Lugo e a colaboración de Rei Zentolo e Abadía da Cova.

As entradas pódense adquirir na páxina web do festival www.acandeloria.org

 

AXENDA

Facebook

5 days ago

Ábrete de orellas
Desde os EUA, The Comancheros mañá xoves na Sala Mardi Gras e o venres en Ourenseabretedeorellas@gmail.com ... See MoreSee Less
Ver en Facebook