Pierre Aderne + Vinicius Cantuaria coa colaboración especial de Uxía

Marzo 09, 2013

nota:
10 € / 8 € (anticipada) / 5 € (soci@s) VINICIUS CANTUARIA CON PIERRE ADERNE

Música de Índio + Caboclo
“Cantando Historias”
Dous dos maiores artistas da música brasileira contemporánea, que viven en diferentes puntos do planeta, xúntanse contando historias e cantando cancións. Ambos compositores, cada un no seu tempo,: Vinicius Cantuaria, regalou a Caetano Veloso o tema Lúa e Estrela – un dos maiores éxitos da súa carreira – Pierre Aderne a súa vez ofreceu a Seu Jorge Mina do Condomínio, o tema que máis soou nas emisoras brasileiras no 2010. Vinicius e Pierre van levando a súa música a diferentes países, de Xapón a Estados Unidos, de Portugal a Inglaterra, colaborando con importantes músicos de Jazz e World Music de hoxe. Pierre con Madeleine Peyroux, Melody Gardot, Sara Tavares, Mario Laginha, Daniel Jobim, Jorge Palma ou Cuca Roseta e Vinicius con Bill Frisell, Norah Jones, Jesse Harris o Sakamoto entre outros. Aderne e Cantuaria, amigos de xuventude no Río de Janeiro, un radicado en Nova York, o outro en Lisboa, xuntase por primeira vez para dous encontros histórico na Galiza. No concerto Música de Índio + Caboclo, Cantuária e Aderne levan ao escenario a mesma intimidade que comparten nos seus encontros caseiros, arredor dunha mesa, dúas copas e dúas guitarras acústicas, cantan e contan as súas músicas e as súas historias. No encontro, cancións dos álbums de Pierre Aderne: Fado dos barcos (dueto con Cuca Roseta), Preciso mentir que te amo (dueto con Jorge Palma), Jardim de inverno (dueto con Susana Félix), Só pra ver ela passar (dueto con Madeleine Peyroux), Mina do condomínio (gran éxito na voz de Seu Jorge), e músicas do seu inédito novo álbum Caboclo aínda en proceso de producción. Vinícius Cantuária traerá perlas do seu repertorio como: Lua e estrela, éxito na voz de Caetano Veloso, algunhas versións de Tom Jobim e temas do seu máis recente álbum Índio de apartamento.
www.myspace.com/pierreaderne

http://www.myspace.com/viniciuscantuariaofficial
http://www.vinicius.com/HomePage.html

AXENDA

Facebook

23 hours ago

Ábrete de orellas
chegou o novo de García Mc, con Xisco Feijoó: "Quen son eu?"PlayPlan ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
23:30 h.
Bar Liceum, O Porriño.
5 / 8 / 10 €