Phantom Club

Novembro 11, 2011

Os prezos 5 euros normal, 4 anticipada e 2,5 para socios.

O seu repertorio é integramente propio, con influencias do máis puro funky, soul ou rock & roll. Con letras en castelán, o estilo e o gusto musical van da man coa forza escénica dos seus músicos, o que crea un forte vencello co público. Esta é a principal característica dos seus shows, que son sinónimo de festa no diccionario da banda, e polo que a xente os recoñece en toda Galiza. Formada no verán do 2002, a banda percorre os camiños do rock e do funky da man de músicos nacidos en Tui, Vigo, e Buenos Aires. No 2003 gravan a súa primeira maqueta, Funktown. Fan unha xira por toda Galiza e son unha das bandas presentes no disco recopilatorio anual do programa radiofónico Maketón Estrella Galicia, que ademais nomina a Phantom Club como un dos doce mellores grupos do ano. Nos seguintes anos novos músicos enriquecen o repertorio da banda e sae á luz unha nova maqueta: Phantomatic. Chegan a actuar en salas tan importantes como Bilborock en Euskadi ou Capitol en Santiago de Compostela. No 2007 gravan o primeiro EP, Funksiona! nos prestixiosos Estudios Océano de Vigo, baixo a dirección de Javier Abreu e o arxentino Claudio Gabis, que colabora tamén coa guitarra. A esta colaboración súmase a do guitarrista madrileño Javier Vargas, lenda do blues, quen participou tamén na presentación. Phantom presenta o seu traballo en Portugal (Oporto e Lisboa), e debutan na mítica Sala Sol de Madrid, co respaldo da Embaixada de Arxentina e ante máis de 200 persoas. Durante o resto do ano a banda consolídase realizando máis de 80 concertos en varios puntos da Península, percorrendo festivais e salas importantes de Madrid. Son convidados aos festivais galegos Vibrasons e Reperkusion, o que lles leva a consagrarse e recibir o Premio ao mellor grupo en directo de Galiza outorgado pola emisora 40 Principais. De ai nace a idea de gravar un disco en directo, e que contará coa participación de grandes artistas como Ariel Rot, Andy Chango, Claudio Gabis e Pablo Novoa, ademais de recoñecidos artistas da escena musical da Galiza. Este segundo disco chamado Muchas noches, buenas gracias!, gravouse con éxito no teatro Área Panorámica de Tui, Víctor Coyote colaborou con eles pero dende a súa faceta gráfica. Mesturado e masterizado en Berklee College of music de Boston (USA) baixo o control de Jonathan Wyner, (que ten masterizado discos de Miles Davis, Pink Floyd, David Bowie, Aerosmith ou Nirvana entre outros). Phantom Club é unha descarga enerxética de funk e rock and roll, ofrecendo ao mercado un estilo orixinal e diferente. Son: Frans Banfield (voz), Seilaesencia (voz), Brian Moure (bajo), Juanma Ons (guitarra), Charlie Hermida (guitarra), Vitorio (batería) y Aligator (sampler y voces).

AXENDA

23:30 h.
Bar Liceum, O Porriño
5 / 4 €