Pesdelán

Decembro 28, 2014

nota:
OBRADOIRO E CONCERTO​-BAILE​ DE PESDELÁN

Obradoiro ás 18:00h ​Pazo de Congresos de Melide

Concerto​-baile ás ​19:15h Praza do Convento de Melide

Organiza: Concello de Melide
Colabora: Deputación da Coruña
Entrada de balde

Pesdelán é un proxeto de música para baile
Levan vendidas máis de 4000 copias do seu primeiro disco Na punta do pé
Pretenden cambiar o concepto de público espectador polo de público participante

Pesdelán xurde no 2008 da unión de reputados músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal
(Leilía, Susana Seivane Grupo, Xochilmica, Montelunai, Pula-lle-o-pe, etc.).

O seu repertorio abrangue temas tradicionais galegos e portugueses arranxados de xeito orixinal e divertido.
Sorprendeu nas festas do Apóstolo de Santiago de Compostela no 2008 facendo participar a centos de persoas, no Festival dos Abrazos da mesma cidade, en Barcelona, Quart de Poblet (Valencia), Festival San Froilanciño (Lugo)…

É moito máis que un grupo de música: mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos, pretende recuperar o espírito participativo das festas.

Unha proposta novidosa e atrevida cunha dobre finalidade : substituír o concepto de público espectador polo de público participante, e como non, pasalo ben.

“Aínda que moitos de vos non movérades nunca un pé, iso non é un problema: o que facemos é ir aprendendo dunha forma divertida os pasos de baile de cada un dos temas, para despois bailalos todos xuntos.”

Na punta do pé é o título do primeiro traballo de Pesdelán. Un libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués dun xeito divertido e participativo.

Unha proposta didáctica dirixida por Mercedes Prieto e Montse Rivera coa produción musical de Pedro Pascual e colaboracións como Guadi Galego ou Celina Piedade.

O traballo publicado en Galicia e Portugal (Pezinhos de lã) pola editorial Kalandraka, conta ademáis coas ilustracións de João Vaz de Carvalho, un dos debuxantes máis relevantes do actual panorama artístico en Portugal e leva vendidas máis de 4000 copias.

AXENDA

Facebook

56 minutes ago

Ábrete de orellas
Peña este serán en Ferrol Cultura coas cancións do seu álbum "Carreiro".abretedeorellas.com/pena-carreiro/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
19:15 h.
Praza do Convento de Melide
De balde