Pesdelán

Decembro 27, 2012

Programa de Nadal da Concellería de Centros Socioculturais, Rede Cultural da Deputación da Coruña 2012

Pesdelán é un proxeto de música para baile. Levan vendidas máis de 4000 copias do seu primeiro disco Na punta do pé. Pretenden cambiar o concepto de público espectador polo de público participante.

É moito máis que un grupo de música: mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos, pretende recuperar o espírito participativo das festas.

Unha proposta novidosa e atrevida cunha dobre finalidade : substituír o concepto de público espectador polo de público participante, e como non, pasalo ben.

“Aínda que moitos de vos non movérades nunca un pé, iso non é un problema: o que facemos é ir aprendendo dunha forma divertida os pasos de baile de cada un dos temas, para despois bailalos todos xuntos.”

Na punta do pé é o título do primeiro traballo de Pesdelán. Un libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués dun xeito divertido e participativo.

O traballo publicado en Galicia e Portugal (Pezinhos de lã) pola editorial Kalandraka, conta ademáis coas ilustracións de João Vaz de Carvalho, un dos debuxantes máis relevantes do actual panorama artístico en Portugal e leva vendidas máis de 4000 copias.

Facebook

18:30 h.
Centro Sociocultural Fontiñas, Santiago de Compostela.
De balde.