Pesdelán

Novembro 22, 2014

nota:​

​Sábado 22 de novembro de 2014 ás 18:00h
​Edificio Sociocultural da Senra
Bergondo (A Coruña)
​Programación de Outono de Bergondo
Organiza: Concello de ​Bergondo
Colabora: Deputación da Coruña
​Entrada de balde ata completar o aforo (100 persoas)

Pesdelán é un proxeto de música para baile Levan vendidas máis de 4000 copias do seu primeiro disco Na punta do pé
Pretenden cambiar o concepto de público espectador polo de público participante

Este obradoiro esta pensado para o publico familiar.
Unha oportunidade unica para que pais, nais, avos, fillos e fillas participen xuntos da aprendizaxe de xogos de roda e bailes, dun xeito ameno e divertido.

As pezas que bailaremos son parte do libro CD / DVD Na Punta do Pé, do grupo Pesdelán e foron recollidas en distintas zonas da xeografia galega e portuguesa.

No obradoiro de Pesdelan participaremos:
​Uxía Cribeiro (voz e percusions), Montse Rivera (voz e ensino de danzas), Santi Cribeiro (acordeon) e Carlos Freire (percusion).

Pesdelán xurde no 2008 da unión de reputados músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal (Leilía, Susana Seivane Grupo, Xochilmica, Montelunai, Pula-lle-o-pe, etc.).

O seu repertorio abrangue temas tradicionais galegos e portugueses arranxados de xeito orixinal e divertido.
Sorprendeu nas festas do Apóstolo de Santiago de Compostela no 2008 facendo participar a centos de persoas, no Festival dos Abrazos da mesma cidade, en Barcelona, Quart de Poblet (Valencia), Festival San Froilanciño (Lugo)…

É moito máis que un grupo de música: mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos, pretende recuperar o espírito participativo das festas.

Unha proposta novidosa e atrevida cunha dobre finalidade : substituír o concepto de público espectador polo de público participante, e como non, pasalo ben.

“Aínda que moitos de vos non movérades nunca un pé, iso non é un problema: o que facemos é ir aprendendo dunha forma divertida os pasos de baile de cada un dos temas, para despois bailalos todos xuntos.”

Na punta do pé é o título do primeiro traballo de Pesdelán.
Un libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués dun xeito divertido e participativo.

Unha proposta didáctica dirixida por Mercedes Prieto e Montse Rivera coa produción musical de Pedro Pascual e colaboracións como Guadi Galego ou Celina Piedade.

O traballo publicado en Galicia e Portugal (Pezinhos de lã) pola editorial Kalandraka, conta ademáis coas ilustracións de João Vaz de Carvalho, un dos debuxantes máis relevantes do actual panorama artístico en Portugal e leva vendidas máis de 4000 copias.

AXENDA

Facebook

5 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
18:00 h.
​Edificio Sociocultural da Senra, Bergondo.
De balde.