Peralta “time, purpose & gold”

Xullo 31, 2014

Velaquí o que se pode chamar un supergrupo: os seus 4 membros militaron nalgún momento en bandas da escena pop-rock underground: Paul Collins” Beat, Dr. Explosión, Feedbacks, Cynics, Bubblegum, Real McCoyson, Bummer…. Este é o seu primeiro longa disco tras alzaren a voz no 2013 cun EP xa descatalogado.

Desde que comeza a soar ”The Time That I Hear”, tamén single, preséntanse uns ingredientes coidados ao máximo: devoción pola melodía, paixón polo son vintage nas guitarras, ritmos marcados impecablemente e unhas harmonías vocais precisas. Todo isto para redondear un exercicio de pop-rock americano onde a maioría das pezas duran o necesario (arredor dos 3 minutos -agás na máis densa “People Inside of Me”) e se achegan ás veces ao folk (“Eastern Wind”), psicodelia (“Disaster”), balada (“Don”t Turn Off The Lights”), pero sempre entre o country (“Tomorrow is Another Day”) e o rock (“You”re Going Too Far”).

O resultado é un disco dos que dá sentido a outra etiqueta, a de atemporal, pois arrecende a nomes gravados na memoria de quen gostan deste xénero: desde Neil Young, Gram Parsons, Gene Clark, Byrds … até máis recentes coma Redd Kross, The Sadies ou Jayhawks e pasando por Big Star, Alex Chilton, Long Ryders, Green on Red…

Xa aviso que ao vivo soan máis duros e talvez non se aprecien todas as virtudes desta gravación. Na Galiza poderase comprobar de novo na xornada de sábado do festival mellor acaído: o Felipop de Limodre (Fene). Alí levarán os formatos de vinilo ou CD, caso no que terás coma bonus tracks as cancións do EP.

Pepe Cunha, 31-xullo-2014

AXENDA

Facebook

5 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook