Pepino Pascual “TU”

Decembro 23, 2022

O caso de Pep Pascual é o do dun deses músicos con moita traxectoria, experiencia e participación en proxectos innumerábeis que, máis tarde ou máis cedo, publican un disco de seu. Este multiinstrumentista inquedo, amante da experimentación e partícipe de disciplinas e estilos musicais do máis diverso pasou por Pascal Comelade & Bel Canto, La Vella Dixieland, Big Band Taller & Tete Montoliu, Orquestra Plateria ou La Troba Kung Fú. “Tu” es mi primer disco, que no el primer disco, que deben ser ochenta, cien o doscientos, después de cuarenta y cuatro años soplando para que bailen, reposen, naden o mediten las energías musicales”

Así se entende que o álbum reborde tanta versatilidade e eclecticismo, desde as voces de “K’un (- -Terra)” até unha homenaxe ao xitano da cabra: “Gipsy Cabrer”. Entre elas. outras quince viaxes musicais que nos transportan a Nova Orleans e as bandas de rúa, o swing máis bailábel (“Botton Swing”), o minimalismo (“TU”), a experimentación con arpas de boca (“Blues de la bifurcació”), os pratos da batería (“Plats combinats”), potas e tixolas, cafeteira ou teteira tocada con boquilla de trompeta, os ruídos do tráfico (“Meridiana nipona”) … Sempre cun espírito de liberdade e doses de improvisación e humor.

Sen dúbida, na capacidade de sorprender e espertar curiosidade radica a maior parte do valor e a graza do disco. Porén, entre este caos/eclecticismo sonoro escóanse atmosferas máis habituais ou asequíbeis como a canción “Què puc fer” e instrumentais fermosos como “Dòric” ou “Volscallar” e as súa relecturas do clásico “Willow Weep for Me” ou do “Coucher le soleil sur l’Adriatique” co propio Pascal Comelade ao piano. Pascual está especializado en instrumentos de vento e os teclados, pero tamén atopamos a guitarra de Isabelle Laudenbach, o contrabaixo de Manel Vega, o baixo do seu fillo, un serroucho, a voz de Enric Casasses en Al trence”, a voz de María Rodès … Tota una festa amb amics e sons.

Pepe Cunha, 23-decembro-22

Edita Segell Microscopi.

 

 

AXENDA

Facebook

7 hours ago

Ábrete de orellas
TANXUGUEIRAS e Fillas De Cassandra unidas en "Quen é a que canta?" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook