¡Qué gran concerto o daquel día!
Pepe Cunha
Numerosos establecementos de ocio de Ferrol optan por programar actuacións musicias en directo nos seus locais, como un xeito de facerse cunha clientela fiel e amenizar as noites da fin de semana na cidade. Outras non programan con regularidade pero sorpréndennos de cando en vez con concertos ao vivo. E mesmo asistimos a orixinais maneiras de atraer á xente aos locais. Tamén o concello ferrolán pon o seu grao de area con propostas anovadoras no eido artístico como as Novas Noites. Unha páxina web abretedeorellas. com, informanos e pónnos ao día destas programacións musicais especializadas que atraen a públicos diversos, segundo sexa a proposta musical.
Sociedade • 09/05/2011 • Autor: MXArias
Quen está detrás desa páxina é Pepe Cunha, quen destaca á Sala Super 8 como o escenario ideal de Ferrol para escoitar música, non só pola oportunidade de traer grupos de fora senón polas cualidades físicas da sala. Outras como La Reserva ofrecen versións de clásicos con moi boa calidade. O proxecto “Luas cheas” de Pontedeume é un deses orixinais proxectos, detrás do que estivo na primeira edición o propio Pepe Cunha. Coa suma de esforzos de varios hosteleiros pódese escoitar musica ou monólogos na rúa. Daquela 1ª edición saíron pro exemplo o duo “Mucha e Nucha”, hoxe tan populares.
Café Maltés, Carteles, Síkaru, son lugares entrañables que de vez en cando nos reclaman para oir cousas curiosas. O mesmo ocurre co Manchita Cosa, un bar pequeno pero que aproveita ben o espacio cando están de aniversario. Tamén en Fene, máis esporadicamente, o bar Ardá de Limodre e O Son de Cociña en Perlío se suman a ese reclamo musical.
Pepe Cunha opina que o West Saloom sería a sala ideal para escoitar musica en directo, polas suas características e en particular polas condicións acústicas.
De todo isto fala Pepe Cunha na entrevista realizada en Radio Fene que reproducimos nesta nova.
audio dispoñible: http://67.213.211.110/audio/090511CUNHA.mp3