Pepe Bao

Febreiro 06, 2016

nota:

Pepe Bao chega a Galicia presentando os temas do que será o seu segundo traballo discográfico en solitario. Un disco repleto de funk, fusión, flamenco e boa onda. Acompañano Jorge Vera ao piano e Miguel Lamas á batería. Un show no que a improvisación e interacción entre os tres músicos marca un papel fundamental.

Pepe Bao é sen dúbida un dos nomes máis relevantes na historia do baixo modeerno no noso país. A súa experiencia en unha amplia variedade de estilos musicais, multitude de grabacións que superan a centena así como incontables actuacións ao longo da súa dilatada carreira musical fan de Pepe toda unha institución e referencia para máis de unha xeración de baixistas.

AXENDA

23:00 h
Café DZine, San Sadurniño.
6 €